Sin categoría

Belesar celebra as festas da Virxe do Rosario

A parroquia baionesa de Belesar celebra este sábado día 7 de outubro as festas na honra da Virxe do Rosario. A programación comezará cun pasarrúas a cargo da charanga Noroeste. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne cantada pola Coral San Lourenzo de Belesar seguida de procesión acompañada pola charanga Noroeste. Ao redor das 14:00 horas haberá unha gran tirada de fogos a cargo de Argimiro Alborés e pola noite, a partir das 22:00 horas, La Banda de Ayer e o trío Rever amenizarán a verbena no Torreiro da Festa de Belesar (Media Aldea). Os días 4, 5 e 6 de outubro celebrarase o triduo na honra á Virxe do Rosario na Igrexa Parroquial de Belesar.