Sin categoría

Bronce para a baionesa Iria Ludeña na Baixada Internacional do Río Umia

A baionesa Iria Ludeña logrou a medalla de bronce na 29ª edición da Baixada Internacional do Río Umia – Campionato Galego de Ríos 2023, que se celebrou este sábado con máis de 500 deportistas. A integrante do Kayak Tudense finalizou en terceira posición na categoría Xuvenil K-1 8000. A súa compañeira de club Daniela Álvarez Cayetano levou o ouro, e Marta Quelle Domínguez, do Club de Piragüismo Viveiro Urban Hotel, a prata.

Nesta edición, a proba contou cunha novidade: unha saída clasificatoria short race pola mañá e, pola tarde, a Baixada do Umia. A proba deu comezo ás 17:00 horas na Praia Fluvial de Oubiña e tivo o percorrido cara a Ponte de Cabanelas (Ribadumia), onde están as instalacións do Club Náutico O Muíño. Deste trazado de 1,7 km pola mañá e 7 km pola tarde, saíron os novos campións galegos da modalidade Ríos e Travesías deste ano.