Sin categoría

Baiona ilumínase de azul polo Día Marítimo Mundial

A fachada do Concello de Baiona iluminouse este xoves, 28 de setembro, de cor azul, con motivo do Día Marítimo Mundial. Desde as Concellerías do Mar e Economía Azul queren lembrar a importancia de coidar os nosos océanos. Non pode haber crecemento económico sen sustentabilidade social e ambiental. A pesca e o turismo son para Baiona motores imprescindibles, por iso esta noite o Concello foi iluminado de azul con motivo desta celebración.