A Garda Civil de Baiona detén a dous homes, veciños de Vigo, de 31 e 35 anos como responsables de 3 roubos con forza, con antecedentes policiais por feitos similares.
Os roubos cometéronse, dous deles nunha nave industrial e un terceiro na leira dunha vivenda, durante o pasado mes de agosto, de onde levaron diversos metais tales como vigas de ferro, ferramentas, cobre e aluminio.
Por mor das denuncias interpostas pola empresa e o propietario da vivenda, iníciase unha investigación onde despois de diversas pescudas localízase case a totalidade do material roubado nunha chatarrería de Vigo.
Por iso, o pasado día 22 de setembro procédese a deter a estas dúas persoas, aos que se lles atribúe a presunta autoría de tres delitos de roubo con forza.
As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Garda de Vigo, e o material recuperado restablecido aos seus lexítimos propietarios.

