Baiona renova o pavimento de Hortas Reais

O Concello de Baiona retomou esta semana as obras de humanización na Rúa Carabela Pinta. Despois da tempada de verán iniciáronse as obras no tramo da Rúa Hortas Reais, onde o pavimento de lousa será cambiado por granito. O tráfico rodado non se verá afectado polos traballos, pero si o peonil na zona esquerda da beirarrúa que dá acceso ao canellón a mellorar. Desde o Concello de Baiona lembran que a parte alta desta céntrica rúa baionesa é “de convivencia”, é dicir, os peóns teñen prioridade e os vehículos deben circular a unha velocidade moi reducida, de 10 km/hora.