Nigrán ofrece o contacontos infantil “Os contos da leiteira”

O Concello de Nigrán ofrece este venres 22 de setembro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal o contacontos infantil “Os contos da leiteira”, cunha duración de 50 minutos. A actividade encádrase no programa de animación á lectura “Ler Conta Moito” e non require de inscrición previa.

“Os contos da leiteira” dá voz a historias de mulleres intrépidas e tímidas, loitadoras e soñadoras pero tamén á propia condición feminina, representada por animais que viven esas circunstancias. Contos de heroínas, galiñas valentes, leóns amorosos ou galos fachendosos que nos farán gozar e concienciarnos para que a igualdade sexa unha realidade.