Recomendan revisións ao comezo do curso escolar para detectar patoloxías nos pés dos nenos

O Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) puxo en marcha unha campaña informativa sobre o coidado dos pés dos nenos e nenas previa á volta ao cole tras as vacacións de verán. A presidenta do COPOGA, Ana Requeijo, explica que moitas veces os pais, nais, titores ou coidadores detectan anomalías na forma de camiñar e apoiar do neno ou nena que poden pasar inadvertidas nas revisións periódicas co pediatra en atención primaria, polo que deciden levar aos pequenos a unha clínica de podoloxía.

Para previr patoloxías na adolescencia ou idade adulta, xa que un 70% dos adultos padece algún tipo de problemas nos seus pés, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella levar aos nenos e nenas a partir dos 3-4 anos ou antes, no caso de que se detecte algunha alteración, a unha clínica podolóxica para establecer un tratamento precoz e sometelo a un estudo biomecánico co fin de procurar que as posibles enfermidades dos pés non afecten nun futuro á saúde de nocellos, xeonllos, cadeira ou costas.

Cinco signos que alertan sobre problemas nos pés dos máis pequenos

Os podólogos e podólogas son capaces de comprender á primeira esas frases que se escoitan moitas veces en boca dos pais: “O neno é patoso”, “non lle gusta xogar”, “camiña cos pés cara a dentro”, “desgasta moito o zapato” ou “vai no bico dos pés”. Para dar resposta a todas estas cuestións, os podólogos teñen nas súas consultas o instrumental axeitado para diagnosticar e comprobar se os seguintes síntomas son alarmantes ou forman parte do desenvolvemento normal do menor:

  1. O neno cae con frecuencia, mostra apatía polos deportes ou se cansa ao camiñar.
  2. Se descalza a miúdo.
  3. Camiña cos pés cara a dentro, no bico dos pés…
  4. Quéixase de dor en pernas e pés.
  5. As súas unllas ou a súa pel non teñen un aspecto natural.

As 10 enfermidades máis frecuentes no pé infantil

  1. Unlla incarnada, provocada moitas veces polo uso de calzado demasiado pequeno durante a infancia ou polo mal corte das uñas.
  2. Verrugas plantares (papilomas)
  3. Pé de atleta/micose
  4. Exceso de sudoración
  5. Pé plano vallo infantil
  6. Dedos superpostos/montados
  7. Xuanete/ hallux valgus xuvenil
  8. Marcha en adución (camiña cos pés cara a dentro)
  9. Metatarso aducto
  10. Afectación das cartilaxes de crecemento (enfermidade de Sever, tamén coñecida como apófise calcánea, é unha inflamación dolorosa da placa de crecemento do talón e é unha das causas máis comúns de dor de talóns en nenos. Pódese presentar nun neno de entre 8 e 14 anos).

A carga que un neno pode levar nas costas sen ter efectos prexudiciais non debería superar o 10-20% do seu peso corporal

Un dos elementos que forman parte do material escolar é a mochila. Os podólogos explican que os pais deben asegurarse de que os seus fillos non sosteñen máis peso do recomendado. “Unha carga excesiva non só afecta ás costas, senón que tamén pode alterar outros aspectos do aparello locomotor, entre o que se atopa a forma de camiñar do neno” –apunta Requeijo–.

O Colexio asegura que a carga que o corpo dun neno ou nena pode levar nas costas sen ter efectos prexudiciais non debería superar o 10-20% do seu peso corporal para que non teña repercusións na súa saúde, a curto ou longo prazo. Entre as consecuencias que se poden desencadear dun exceso de carga atópase a alteración da biomecánica da marcha, pero tamén outros problemas do aparello locomotor, como son as lesións nas cadeiras, pés ou costas que se poderían agravar se se ten algunha alteración de base como a escoliose ou os pés planos.

Os problemas que pode ocasionar unha carga excesiva nas mochilas son variados e, na súa maioría, implican á estrutura ósea ou muscular das costas: escoliose, hipercifose, hiperlordose, espondilolistese, lumbalxia, dorsalxia etc., aínda que tamén se atopa a artrose precoz, que é unha enfermidade das articulacións caracterizada por unha dexeneración da cartilaxe e unha proliferación do tecido óseo.

Tamén o Colexio fai fincapé na necesidade de distribuír correctamente a carga, co máis pesado na parte inferior, e a mochila ben situada no centro das costas, a nivel de cintura e pegada ao corpo sen que vaia colocada na parte baixa das costas. Ademais, lembran que o tempo de transporte non debe exceder os 15 minutos. En caso de ser mochila de rodas aconsella empuxar e non tirar dela.

Trucos para a compra de calzado infantil

  1. Os nenos non deben acudir ao colexio co calzado das actividades extraescolares, como as botas de fútbol sala ou baloncesto, entre outros calzados específicos para deportes, xa que adoitan ter unha horma estreita, sola fina, e material artificial que pode afectar ao pé cun uso continuado.
  2. Non é aconsellable utilizar o calzado do curso anterior ou herdado. Os pés dos nenos crecen entre sete ou oito milímetros cada tres meses e antes de empezar o cole hai que comprobar que o calzado non lles estea pequeno. Uns dedos dos pés comprimidos, aínda que non doian, poden xerar lesións e modificacións da marcha. “Herdar zapatos, pasando duns a outros irmáns ou entre familiares ou amigos non é o máis aconsellable. A pisada de cada persoa é diferente e compartir calzado con certo desgaste pode distorsionar a mesma” –destacan os podólogos–.
  3. Non se debe comprar un calzado máis grande do necesario para que lle dure todo o ano. O neno andará incómodo, o que pode xerar rozaduras e unha marcha inestable por máis que o zapato apértese no empeine.
  4. Outro erro frecuente é comprar o calzado só atendendo ao seu prezo, “porque lles vai a durar pouco”. Hai que pensar que ao comprar un bo calzado estamos a facer un investimento no desenvolvemento correcto do pé do neno.
  5. Hai que ter coidado coas modas e con dar prioridade á estética sobre a saúde. O calzado con ruedíns debe considerarse como un xoguete e non como un calzado co que acudir ao colexio. O seu uso debe estar limitado, como máximo, a unha ou dúas horas á semana. Poden ocasionar problemas pola altura do seu tacón, peso excesivo e inestabilidade. As manoletinas ou bailarinas non son o calzado máis adecuado nin os zapatos con plataforma que puxeron de moda algunhas cantantes con moita influencia entre nenas e adolescentes.