A Asociación de Veciños Castro e Ladeira vén de convocar aos tres alcaldes do Val Miñor a unha reunión informativa na súa sede sita en Avda. Julián Valverde 85 de Sabarís para que informen aos representantes veciñais da parroquia sobre as causas e consecuencias do incendio que arrasou as instalacións dos Viveiros de Sabarís e que puxo en estado de alerta a todas as vivendas, industrias e comercios preto del. A devandita reunión foi convocada con carácter “urxente” para o día xoves catorce de setembro ás 20:00 horas. “Hei de esperar que ante a traxedia, os rexedores miñoranos, polos acontecementos vividos, teñan a responsabilidade de acudir á cita para aliviar a excitación da poboación e dar apoio á empresa e os seus traballadores”, sinala Jesús Suárez, presidente da Asociación.
Castro e Ladeira convoca aos alcaldes do Val Miñor para falar do incendio do viveiro de Sabarís

