
O popular artista rueiro chileno, con máis de dous millóns de seguidores en redes sociais, actuou en Patos ante máis de 5.000 persoas chegadas de toda Galicia. Este pallaso non só é talentoso, Karcocha é único e de aí as miles de persoas que converteron a Nigrán no epicentro do sorriso. Subiuse a coches, furgonetas, motos, autobuses e imitou á xente, parou o tránsito e fixo cómplice a espectadores e condutores da súa obra de arte. Calquera cousa que ocorrese ao seu redor aproveitouno para divertir e converter en arte o cotián.
“Foi auténtico orgullo que Karcocha, un dos pallasos máis talentosos do mundo, elixise Nigrán dentro da súa xira europea. Despedimos o verán como máis nos gusta, con risas e actitude positiva cun dos maiores espectáculos de pallasos do mundo”, sinala o Alcalde de Nigrán, Juan González.