Sin categoría

Nigrán ofrece un curso para maiores destinado a aprender a manexarse coas aplicacións móbiles

O Concello de Nigrán ofrece do 3 de outubro ao 30 de xaneiro de 2024 no Local Social de Vilameán un obradoiro para aprender a manexar aplicacións móbiles destinado a xubilados empadroados no municipio e será impartido por María José Parada Santoro, profesora xubilada. O curso, que se desenvolverá os martes e xoves de 11:30 a 12:30, é gratuíto e prestará especial atención ao uso da aplicación do “Sergas Móbil”, ao almacenamento de imaxes e ás posibilidades doutras apps. A inscrición debe facerse presencialmente o xoves 13 de setembro na Casa de Maiores de Vilameán de 10:00 a 12:00 horas e as prazas distribuiranse por rigorosa orde de chegada (consta inicialmente de 15 prazas pero se hai demanda se organizarán máis obradoiros). Para participar é preciso acudir con un smartphone cargado de batería.