
Concello de Gondomar, Fundación Amigos de Galicia e Xunta de Galicia poñen en marcha un curso de dixitalización para maiores de 65 anos. Neste curso os participantes poderán aprender cuestións relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á súa vida diaria. Uso de máquinas de quendas de concellos e centros de saúde, uso de caixeiros automáticos, uso do teléfono móbil e uso da aplicación do SERGAS. O curso desenvolverase o 18 e 25 de setembro e o 2 e 9 de outubro en horario de 10:00 a 12:30 horas. Inscricións do 7 ao 14 de setembro no Departamento de Benestar Social do Concello ou no teléfono 986360168.