
A selección española de Solo Danza terminou a súa participación no Campionato de Europa que se está celebrando en Ponte di Legno (Italia) con tres novas medallas. Despois dos dous ouros de Natalia Baldizzone e Ot Font, a prata de Llorenç Àlvarez e o bronce de Naroa Ruiz, os xuvenís e cadetes tamén tocaron metal. En categoría xuvenil masculina, o gondomareño Joel Ribeiro proclamouse campión de Europa na súa primeira participación continental nesta modalidade. O seu compañeiro Joan Jardí colgouse o bronce. A patinadora xuvenil Jordina Blanch finalmente foi sexta. Doutra banda, en categoría cadete Judit Sallent conseguiu o bronce xusto por diante de Lucía Camarillo, cuarta e de Jimena Cervera que terminou na sexta posición.