Xornada solidaria en Baiona polo Día Mundial da Fibrose Quística

A Praza do Concello de Baiona acolle este domingo día 3 de setembro unha xornada solidaria organizada pola Asociación Galega de Fibrose Quística en colaboración co Concello de Baiona. As persoas que se acheguen ata este lugar do Casco Vello baionés poderán gozar de numerosas actividades organizadas con motivo do Día Mundial da Fibrose Quística, que se celebra o 8 de setembro.

Fomentarase a práctica do deporte, piar importante e fundamental na Fibrose Quística, con varias actividades. A xornada comezará cunha andaina solidaria. Tamén se realizará un sorteo de agasallos para aqueles que colaboren adquirindo unha rifa solidaria na caseta da asociación. Así mesmo, haberá actividades para os máis pequenos e actividades musicais e de danza. As inscricións serán con carácter solidario.