Comezan os bingos da Asociación O Carme de Baiona

Hoxe empezan os bingos no Liceo Marítimo de Baiona para recadar fondos para, entre outras moitas actividades que levarán a cabo, poder realizar as Festas do Carme 2024. Durante o mes de setembro serán ás 22:30 horas, para aproveitar o día e que chegue a xente de traballar. A partir de outubro ás 22:00 horas. Como bingo inaugural haberá premios extras e sorteos especiais con grandes sorpresas para que ninguén se vaia coas mans baleiras.