Sin categoría

As visitas guiadas gratuítas polo casco vello de Baiona continúan en setembro

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, informa da continuidade no mes de setembro das visitas guiadas gratuítas polo casco vello da Vila. As actividades desenvolveranse durante as xornadas dos sábados día 2, 9, 16 e 23 de setembro a partir das 11:00 horas. Durante aproximadamente 90 minutos, un guía oficial de Galicia acompañará aos participantes por un interesante percorrido a través do que se descubrirán lugares emblemáticos da localidade como o monumento Encontro Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira, o casco vello ou o paseo marítimo. As visitas son gratuítas e é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67.