Sin categoría

Nigrán ofrece unha ruta de sendeirismo polo “Camiño do Ferro” en Salamanca

O Concello de Nigrán ofrece unha excursión para percorrer o “Camiño do Ferro” en Salamanca de dous días (15 e 16 de setembro) dirixida á veciñanza empadroada no municipio, cun custe de 78 €/persoa. Trátase dun percorrido de 17 km e aproximadamente 5 horas por un tramo de liña férrea pechada ao tráfico e acondicionada, atravesando diferentes túneles e pontes, para apreciar esta obra da enxeñería do século XIX.

A inscrición será dende o luns 4 de setembro ata o mércores 6 de setembro de 09:00 a 13:30 horas na Oficina de Turismo de Panxón, repartíndose as prazas por rigorosa orde de chegada. A saída será o día 15 ás 16:30 horas desde Nigrán (Concello), ao chegar, cea no hotel en Salamanca e o día 16 farase o percorrido de sendeirismo, finalizando sobre as 16:00 horas e regreso a Nigrán sobre as 21:30 horas.

O prezo por persoa en cuarto dobre é de 78 euros e inclúe: cea menú, aloxamento en hotel 4 estrelas, almorzo, e comida tipo bocadillo con auga e froitas no segundo día, durante o percorrido. O suplemento por cuarto individual serían 40 euros a maiores.