
O Concello de Nigrán remata o pintado das aulas da Escola Intantil Galiña Azul para ter preparado o centro educativo de cara ao novo curso, e en esta mesma semana continuarán pintando o colexio Carlos Casares de Vilariño por un importe total de 10.000€. Mentres tanto os obreiros municipais están rematando a remodelación e pintado tanto das aulas como do ximnasio dos Colexios de Mallón, Humberto Juanes e Escola Infantil Dunas de Gaifar. “Aproveitamos o verán para realizar as obras nos diferentes colexios e iniciar os cursos cos centros educativos preparados”, indica o alcalde.
“Neste curso 2023/24 os centros educativos de Nigrán verán xa mellorado o servizo de comedor e cátering cun cambio substancial en todos os aspectos: calidade, cantidade e adecuación nutricional, e cremos que a cociña do CEIP Humberto Juanes, na que o concello investiu 373.000€, pode humanizar un servizo que estaba deshumanizado e que agora pode incluír pratos que nin se podían polo transporte (100 km) e o horario no que se ten que cociñar para que chegue a tempo ao centro”, sintetiza o rexedor.
Entre tanto o Concello está pendente das autorizacións autonómicas para iniciar as obras dos Bosques Escola dos Colexios de A Cruz en Camos e Carlos Casares de Vilariño nos que se investirán máis de 250.000€.