O GES do Val Miñor excarcera a unha condutora en Vilaza

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Un dos efectivos facendo unha revisión rutineira na sede de Nigrán.

Esta tarde, os servizos de emerxencias levaron a cabo unha excarceración por unha saída de vía que se produciu no quilómetro 6 da PO-332, en Vilaza, Gondomar. Unha persoa particular non implicada no accidente púxose en contacto co 112 Galicia dez minutos despois das 14:30 horas para explicar o acontecido e, decontado, desde o CIAE-112 Galicia solicitouse a intervención dos servizos sanitarios, dos Bombeiros do Porriño, do GES do Val Miñor e da Garda Civil de Tráfico. Os efectivos do GES do Val Miñor encargáronse de liberar á muller, que sería trasladada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.