Sin categoría

Festas da Virxe das Angustias en Nigrán

Nigrán celebra a próxima fin de semana as festas na honra da Virxe das Angustias. O programa comezará o venres 18 de agosto ás 19:00 horas co pasarrúas dos xigantes e cabezudos acompañados por Treboada Son Galego. Ás 19:00 horas terá lugar unha Misa Solemne na honra da nosa Señora de Lusan seguida de procesión. Ás 20:00 horas haberá unha tirada de lumes e a partir das 22:00 horas, arrancará o Angustias Fest, con Pavlee, La Huerita, El FFF, Marco Tiedra, Rafitta, Ganxx, Anxo Silva e Beauty Pikete. O evento, que se celebrará no Torreiro de Festas das Angustias con entrada gratuíta, contará con servizo de barra.

O sábado día 19 ás 10:30 da mañá a Banda de Música de Arcade ofrecerá un pasarrúas. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Campio seguida de procesión. Pola noite, a verbena estará amenizada polos grupos Galia e Alaska. O domingo 20 de agosto a Agrupación Musical de Belesar iniciará a xornada cun pasarrúas ás 10:30. Ás 12:00 celebrarase unha Misa Solemne na honra da Nosa Señora das Angustias seguida de procesión. Pola noite, o grupo Ritmo e a orquestra Furia Joven pecharán as festas.