Sin categoría

O Parque da Palma acolle o tradicional Torneo de Basket 3×3

O Parque da Palma acolle este venres e sábado 11 e 12 de agosto o tradicional Torneo de Basket 3×3 organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona e polo Club Baloncesto Baiona. Trátase da XXVI edición, e o obxectivo principal da organización é crear un bo ambiente para poder gozar dunhas xornadas de baloncesto de convivencias bonitas e intensivas. Con tal fin, dispuxéronse catro modalidades: Veteranos (máis de 40 anos); Adultos (masculino e feminino); Sub 16 (mixto) e Sub 12 (mixto).

Cada equipo debe estar formado por un mínimo de 3 xogadores e un reserva e como máximo 6 integrantes. Os partidos desenvólvense todos o venres de tarde e o sábado de tarde. Para o seu desenvolvemento, a parte das catro pistas do Parque da Palma, habilitarase unha pista supletoria proporcionada pola Federación Galega de Baloncesto que tamén facilita os árbitros que controlarán o torneo.

Cada xogador ou xogadora recibirá unha camiseta de recordo por participar. Realizaranse diferentes sorteos durante o evento e os gañadores de cada categoría recibirán un trofeo e tickets agasallo. Trátase dun evento que nas súas anteriores edicións acolleu a máis de 250 participantes.