Sin categoría

O circo de Rody Aragón “Vuelve a soñar” fai parada en Nigrán

Do 12 de agosto ao 3 de setembro o circo de Rody Aragón “Vuelve a soñar” estará instalado no campo de fútbol de Lourido, en Nigrán.

Un televisor móstranos unha vella reposición dos pallasos da tele. Rody Aragón vea con nostalxia. Un pallaso achégase a el, cre que os nenos deben seguir sorrindo cos valores e inocencia que sempre nos inculcaron. Aceptará Rody o desafío de crear a función máis moderna, o show máis apaixonante, a maxia que envolva novamente ás familias nunha tarde chea de felicidade?

Pola pista irán desfilando malabaristas, acróbatas, equilibristas, números aéreos… Todos eles acompañarán a Rody na súa nova misión; preservar o legado que cativou a xeracións baixo o encanto dunha carpa. Un espectáculo para os nenos de onte e de hoxe. As entradas pódense comprar en Ataquilla.