O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, inicia este martes 8 de agosto a súa XXVIII Semana Cultural coa actuación ás 21:30 horas da Coral O Son dos Cantares de Mos, a Coral Polifónica Lira San Miguel de Oia e o Coro Ecos do Castelo. O mércores 9 á mesma hora será o Día de Xuventude co grupo San Roker. O xoves 10 estará dedicado aos máis pequenos cunha exhibición de taekwondo ás 17:00 horas a cargo da Escola Deportiva Sey e desde as 17:30 horas maxia e humor co Mago Charly Braun, obradoiro de maxia e visita a tenda máxica, inchables, festa da escuma e algunha sorpresa máis. Xa o venres día 11 celebrarán a súa tradicional “Festa do ovo frito con chourizo” desde as 21:30 horas, amenizada polo Grupo Os Alegres do Val Miñor.
O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca celebra a súa XXVIII Semana Cultural

