Sin categoría

A Ramallosa acolle a 17ª edición da Feira de Oportunidades “Portobelo”

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor -OVALMI- e o Concello de Nigrán organizan a 17ª Feira de Oportunidades “Portobelo”, que se celebra este domingo día 6 de agosto, no Paseo da Ramallosa, en Nigrán. Dita Feira de carácter multisectorial, celébrase coa finalidade de promocionar os comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos.

A feira contará coa actuación da escola de danza Paradela de Gondomar, así como con música ambiental. Este ano, a partir das 16:00 horas, poñerase en marcha unha nova edición do concurso “Flota como Poidas”, onde os participantes sorprenderannos cos seus enxeñosos dispositivos flotantes. Para facilitar o estacionamento, o Concello de Nigrán habilitará o aparcamento situado en Rúa dos Argonautas, de maneira gratuíta desde as 10:00 horas ata as 22:00 horas.