Sin categoría

Concerto da banda xuvenil de música de Merza en Panxón

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 3 de agosto ás 20:00 horas no peirao de Panxón o concerto da banda xuvenil artística de Merza (Concello de Viladecruces). A banda estivo durante unha semana nunha concentración en Nigrán.

Esta banda xuvenil está composta por 50 nenos de entre 8 e 18 anos e forma parte da Escola de Música da Banda Artística de Merza, que iniciou a súa andaina nos anos 70. Hoxe en día conta con numerosos galardóns no seu haber e está considerada como unha das mellores agrupacións de Galicia, participando en xiras por toda España e mesmo Venezuela ou Arxentina.