Tres persoas rescatadas dunha embarcación encallada en Baiona

FOTO: CARLOS LUDEÑA // A embarcación encallada.

Tres tripulantes de orixe holandesa tiveron que ser rescatados tras varar a súa embarcación nunha zona rochosa das Illas Serragueiras, en Baiona. Segundo a información recibida no 112 Galicia, a alerta saltou pasada a unha desta madrugada, cando a embarcación tocou os baixos nas rochas e abriuse unha vía de auga. Deste xeito, o persoal de Salvamento Marítimo enviou á zona a Salvamar Mirach, e pediu a colaboración dos efectivos do Servizo de Gardacostas de Galicia, que a bordo do Pesca-I rescataron aos tres tripulantes e os trasladaron ao Aeroporto de Vigo para seren atendidos por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias. O impacto da embarcación contra as rochas provocou á tripulación algúns golpes, polo que desde o 112 solicitouse a intervención dos servizos sanitarios de urxencia.