O gran mestre internacional Madhana, pioneiro na práctica do Ioga en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo, repite este mércores 2 de agosto ás 20:30 horas as sesións de “Ioga no Solpor” organizadas polo Concello de Nigrán na praia de Patos (na propia area, ao carón do posto de Protección Civil). A derradeira cita será o 23 de agosto á mesma hora. O célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar.
Nova sesión de “Ioga e Meditación no Solpor” na Praia de Patos

