Sin categoría

Unha vertedura no muro de Elduayen obriga a pechar a área de baño da Praia Ribeira

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, informa de que quedou resolta nun prazo inferior a unha hora a avaría dun colector que obrigou ás 18:00 horas a cerrar a área de baño da Praia Ribeira debido a unha vertedura no muro de Elduayen. Os traballos foron realizados polo persoal da empresa Gestagua en colaboración co persoal de Protección Civil do Val Miñor e do persoal municipal do propio Concello de Baiona. Por precaución a área de baño estará pechada durante as vindeiras horas. Mañá sábado esta zona xa poderá ser utilizada polas persoas usuarias do areal.