A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar recursos por valor de preto de 400.000 euros para levar a cabo actuacións en sete concellos da provincia. En concreto, os fondos destinaranse ao Rosal e a Baiona, que reciben en total preto de 250.000 euros para executar obras como a reparación de camiños o a reconstrución de muros derrubados, e case 150.000 permitirán a Caldas de Reis, Ribadumia, Catoira, Dozón e Forcarei implantar novas instalacións solares fotovoltaicas en infraestruturas e edificios municipais. “Son 400.000 euros en total para estar ao carón dos concellos cando máis o precisan e para axudalos a subirse ao tren do futuro. Dixémolo desde un comezo, e agora empezamos a cumprilo”, asegurou en rolda de prensa o presidente da Deputación, Luis López. Máis polo miúdo, o concello de Baiona benefíciase de 105.160 euros para dúas actuacións no camiño O Piñeiro, na parroquia de Baiona, e na senda fluvial río Baíña, que sufriron danos como consecuencia dos temporais do pasado mes de xaneiro.
A Deputación aproba 105.000 € para o arranxo do camiño O Piñeiro e da senda fluvial de Baíña

