O Concello de Gondomar incorporará 10 novos traballadores ao seu persoal. As novas incorporacións beneficiarán a veciños e veciñas que se atopen desempregadas neste momento e que ocuparán postos de interese xeral e social.
As contracións executaranse a través do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial de Pontevedra, concretamente na súa liña 3. Nelas recóllese unha partida total de 158.069 euros para a contratación, que se fará tras un proceso de selección a través da oferta no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Nesta ocasión se cubren dez postos para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal cun salario establecido no convenio colectivo do municipio para cada categoría. Tanto o custo salarial, como a cotización á Seguridade Social estarán financiados pola Deputación provincial.
As prazas que se cubrirán en Gondomar serán as de seis peóns de obras públicas, dous conductores (retroexcavadora e tractor); un auxiliar de biblioteca, e un técnico en turismo.

