O Concello de Nigrán festexou onte o “Día dos Avós” en Camos (Pavillón de Os Barreiros) co xa tradicional almorzo popular e baile posterior. Un total de 80 xubilados nigraneses (o máximo admitido) se apuntaron este ano á cita que cada ano organiza a Concellería de Maiores na efeméride de San Xaquín e Santa Ana. O obxectivo é vivir unha xornada festiva nun ambiente familiar e distendido. A xornada comezou ás 13:00 horas cun photocall profesional de agasallo e despois xantaron con empanada de atún, xamón asado e rosca de sobremesa. A continuación, a partir das 16:00 horas, os maiores bailaron coa música en directo do dúo “La Mecánica”.
Nigrán celebra o Día dos Avós en Camos



