O Concello de Nigrán ofrece este xoves 27 de xullo un novo roteiro nocturno polos petróglifos do municipio, neste caso polos da parroquia de Priegue (anteriormente foi Monteferro) e guiados por arqueólogos da cooperativa Árbore, encargados de mellorar a sinalización e o estado destes gravados.
Os interesados en participar tan só deben presentarse ás 20:30 horas ante o cruceiro de Navás (Priegue) provistos dunha lanterna (serviría un móbil con lanterna) e con roupa axeitada para afrontar unha camiñada de dificultade alta pola gran pendente da mesma e a duración dunhas 2 horas.
Entre os diferentes petróglifos que apreciarán destaca o de “O Currelo”, considerado un dos máis espectaculares do municipio polo seu gran tamaño e a variedade de motivos que presenta. Ademais, visitarán tamén o das “Requeixadas”, o barrio de A Mámoa (toma o nome precisamente deste tipo de sepulcros megalíticos) e un gran miradoiro na cima da parroquia.
O seguinte roteiro nocturno para apreciar petróglifos máis nitidamente que a pleno sol será o día 10 de agosto en Chandebrito, a parroquia onde máis se poden atopar de todo Nigrán.

