Sin categoría

Adrián Lago Tizón e Eva Piñel Lorenzo gañan o IX Tríatlon Popular Semi Indoor de Baiona

As augas da Praia Ladeira acolleron este sábado a novena edición do Tríatlon Popular Semi Indoor Vila de Baiona, organizado conxuntamente polas Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas. A proba constou de tres partes: a primeira, percorrido a nado de 500 metros, a segunda parte, percorrido en bicicleta estática pedaleando 10 km e a terceira parte, correndo polo Paseo Marítimo, cunha distancia de 2,5 km.

Participaron máis de 130 triatletas, repartidos nas categorías de Veteranos, Adultos e Sub 17, nas modalidades masculinas e femininas, compartindo en todas elas as mesmas distancias a completar. Adrián Lago Tizón e Eva Piñel Lorenzo foron os vencedores absolutos da proba, cun tempo de 29:59 e 31:52 respectivamente. Os primeiros baioneses foron David Giráldez Camesella (32:05) e Sandra Santodomingo (40:52).

Na categoría Sub 17 Feminina a primeira en cruzar a meta foi Alexandra Serra Campos, que estivo acompañada no podio por Ana Matilde Silva en segunda posición. Norberto Fernández Ferreiro foi o único participante e gañador na categoría Sub 17 Masculina. En Adultos Feminina a gañadora foi Sara Iglesias Gómez. Alba Porto Cima e Laura Barbosa Fernández completaron o podio en segunda e terceira posición respectivamente.

Na categoría Adultos Masculina Nicolás Marín Mollinedo foi o vencedor, seguido de Arturo Peixoto Sánchez, segundo, e Borja Hernández Campos, terceiro. En Veteranas Feminina a gañadora foi Patricia Lago López. Andrea Rodríguez Alberte foi segunda e Mónica Romero Martínez terceira. En Veteranos Masculina Luis Alberto Domínguez Fernández subiuse ao máis alto do podio, escoltado por Luis López Ruiz e Carlos Barreiro en segunda e terceira posición.

Tamén recibiu premio o participante máis novo, Norberto Fernández Ferreiro, de 15 anos, e o máis veterano, Carlos Domínguez Rodríguez, de 69 anos. O Tríatlon Baiona foi o campión por equipos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.