A selección de baloncesto de Costa do Marfil atópase en Baiona realizando o preparatorio para a próxima Copa do Mundial FIBA que será do 25 de agosto ao 10 de setembro en Filipinas, Xapón e Indonesia. Esta circunstancia dáse polo traballo realizado por Jorge Molinero, que tramitou e pelexou para que a concentración non se fose a outra cidade. Ex xogador de baloncesto profesional e vinculado ao mundo do deporte dirixindo os centros 13 Body de acondicionamento físico e emocional, a súa gran amizade con Anicet Lavodrama, director técnico nacional da federación de baloncesto de Costa do Marfil, foi clave en escoller Baiona. O primeiro partido da selección de Costa do Marfil será contra a selección española de Sergio Scariolo o 26 de agosto. O Concello de Baiona facilitou en todo momento que isto se levase a cabo, cedendo as instalacións deportivas.
A selección de baloncesto de Costa do Marfil prepara o Mundial en Baiona

