Sin categoría

A gondomareña Desirée Vila, quinta no Campionato Europeo

Desirée Vila concluíu quinta en salto de lonxitude T63 (deportistas con amputación dunha perna) na sétima xornada do Campionato do Mundo de Atletismo Paralímpico que se está celebrando en París. A gondomareña logrou un mellor rexistro de 4,33 no seu último intento, o que supón a súa mellor marca persoal e un novo récord de España da categoría.