Vincios celebra as festas de Santa Mariña

A parroquia gondomareña de Vincios celebra esta fin de semana as festas na honra de Santa Mariña. O venres 14 de xullo haberá churrascada e festa do motor. A partir das 21:30 horas actuarán as charangas Vai de Baile e Va K Pinta.

O sábado día 15 pola mañá actuarán o Grupo de Gaitas Aires de Santes, o Grupo de Pandereteiras Froleada e o Grupo de Baile Froles do Galiñeiro. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra da Virxe do Carme na Igrexa de Santa Mariña. Ás 13:30 horas o Coro Cantares do Brión ofrecerá un concerto. Ás 17:00 horas terán lugar as tradicionais “poxas”, e ás 21:00 horas haberá unha tirada de fogos. Pola noite, a partir das 23:00 horas, as orquestras Metrópolis e La Ola ADN amenizarán a verbena.

O domingo 16 de xullo ás 11:30 da mañá fará entrada no torreiro a Agrupación Musical de Vincios. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa na honra de Santa Mariña na Capela de Santa Lucía seguida de procesión acompañada pola citada Banda de Música, que ofrecerá un concerto a continuación. Pola noite, desde as 22:30 horas, a verbena correrá a cargo da orquestra Fania Blanco Show e o trío Tic Tac.

O luns día 17 ás 11:30 da mañá fará entrada no torreiro a Banda de Música Popular de Tui. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra dos defuntos da parroquia seguida de procesión acompañada pola citada Banda de Música, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Ás 17:00 horas serán as tradicionais cucañas para todas as idades, e pola noite, gran fin de festa coa actuación das orquestras Capitol e Miramar.

O martes 18 de xullo, día propio de Santa Mariña, celebrarase unha Misa ás 12:00 do mediodía na Igrexa que leva o seu nome.