O Concelleiro de Actividades Marítimas de Baiona, Joaquín López Goce, realizou esta mañá unha visita ao Campus de Deportes Náuticos que se vén celebrando durante esta semana na Praia Ladeira, en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas e de tarde de 16:00 a 20:00 horas. O Campus de Deportes Náuticos conta coa colaboración do Shafire Nautic e o Monte Real Club de Yates. Durante o transcurso do mesmo, desde este martes 4 de xullo ata este sábado día 8, o alumnado está tendo unha toma de contacto con esta disciplina, baixo a guía de monitores titulados en diferentes disciplinas de surf, windsurf, pádel surf, vela lixeira e piragüismo.
Campus de Deportes Náuticos en Baiona

