Sin categoría

XIX Festival de Habaneras e Boleros en Nigrán

O Concello de Nigrán e a Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán ofrecen este sábado 8 de xullo no Auditorio Municipal ás 20:30 horas o XIX Festival de Habaneras e Boleros. A coral anfitrioa de Nigrán invita este ano a participar á Coral Polifónica San José de Fuensalida (fundada en Toledo no 1984). A entrada é de balde ata completarse o aforo.