Sin categoría

Bronce para o nigranés Mauro Vega no Campionato de España Escolar de Cartagena

A expedición composta por 39 ciclistas coa que a Selección de Galicia disputou en Cartagena os Campionatos de España Escolar e Júnior regresou este domingo de terras murcianas con cinco medallas despois de catro días de competición. O cadete nigranés Mauro Vega e o cuarteto do que formou parte subiron ao terceiro chanzo do podio.

A competición cadete masculina arrancou comandada por un cuarteto con dobre representación de Galicia. Mauro Vega e Xian Alvariño puxeron terra de por medio xunto a Roc Cubí (Catalunya) e Rodrigo Sánchez (Comunidad de Madrid). A fortuna non acompañou a Alvariño, que picou as dúas rodas e quedou sen opcións de pugnar polas medallas e a súa praza no grupo cabeceiro cubriuna Guillermo Parrado (Andalucía).

A carreira resolveuse na última volta, co nigranés Vega perdendo contacto, pero manténdose cerca dos primeiros, o que lle permitiu aproveitar a caída de Parrado para cruzar a liña de meta terceiro, a 11’’ do gañador Cubí e de Sánchez. Malia a dobre avaría de Alvariño, décimo cuarto clasificado, e a un problema mecánico que arrastrou a Xoel Cidrás á 46ª posición, o cuarteto da Selección Breogán, con Marcos Rodríguez no 22º posto, logrou o bronce por equipos. Só melloraron o seu resultado colectivo Catalunya, que se proclamou campioa, e Andalucía.