A parroquia baionesa de Baíña prepárase para acoller o 7, 8 e 9 de xullo as festas na honra da súa patroa Santa Mariña. As actuacións estelares dos festexos serán as das orquestras Panaroma e América.
A programación comezará o venres 7 de xullo co “Día da Xuventude”, con Full Discoteca Móvil e cos DJ’S Rokiño e Juanma López.
A xornada do sábado comezará pola mañá co percorrido polos distintos lugares da parroquia dun grupo de gaiteiros, seguido ao mediodía da Salva das Doce. Pola noite, gran verbena a cargo das orquestras Saudade e América.
O domingo día 9, ás 12:00 do mediodía, oficiarase a Misa Maior na honra de Santa Mariña cantada pola Coral Ecos do Castelo de Parada de Miñor, seguida da procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona. Pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Panorama e o Trío Azar.
O día propio da patroa, o 18 de xullo, ás 12:00 horas haberá Misa Maior na honra de Santa Mariña cantada polo Coro de Homes Voces Baionesas, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión de Guláns. Xa pola tarde, haberá concerto da citada banda no Centro Cultural de Baíña. Á noite, verbena a cargo da orquestra Alabama.
A Comisión de Festas de Santa Mariña de Baíña quere agradecer un ano máis as achegas económicas da veciñanza da parroquia. Tamén agradece a colaboración da Deputación de Pontevedra con seu programa Pontegal; a colaboración do Excmo. Concello de Baiona e a colaboración da Comunidade de Montes en Man Común de Baíña, que permitiu a celebración do bingo social nas súas instalacións.

