O tramo alto da céntrica Rúa Carabela Pinta en Baiona reabre ao tráfico. O tráfico rodado recupera así a normalidade no centro urbano da localidade, reorganizado en abril ao cortar o viario ao tráfico para desenvolver os traballos. O sentido da circulación volveu ao mesmo que os condutores viñan realizando antes das obras.
A parte alta da céntrica rúa baionesa será “de convivencia”, é dicir, os peóns teñen prioridade e os vehículos deben circular a unha velocidade moi reducida, de 10km/hora. Despois da tempada de verán retomaranse as obras no tramo do Canellón de Hortas Reais, onde lo pavimento de lousa será cambiado por granito.

