Sin categoría

Ovalmi apraza a 8ª Feira de Oportunidades “Portobelo”

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) informa que a 8ª Feira de Oportunidades do Val Miñor “Portobelo”, prevista para este domingo 10 de marzo na Praza de San Bieito de Gondomar, queda aprazada ata novo aviso debido ás previsións meteorolóxicas previstas.

Trátase dunha feira de carácter multisectorial, polo que poderán concorrer á mesma os negocios que así o desexen con independencia do sector ao que pertenzan, e iso co fin de promocionarse, reforzar o contacto con clientes habituais, xerar outros novos, liquidar stocks…

A feira contará con música ambiental, inchable para os nenos e diferentes actuacións ao longo de toda a xornada. Ademais, dita actividade de dinamización comercial, promocionarase mediante cartelería, cuñas de radio, así como en redes sociais.