
O Concello de Nigrán abre o prazo do 3 ao 21 de xullo para solicitar axudas municipais para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar no curso 2023/24 (bases publicadas no BOP de 30 de xuño). A contía é de 65 euros por cada neno/a e mantense o requisito indispensable de que os/as beneficiarios/as sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos/as matriculados/as en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil no curso 2023-2024. O prazo para presentar as solicitudes é do 3 ao 21 de xullo (ambos incluídos). Os/as beneficiarios/as deben estar ao corrente do pago das taxas e impostos municipais e non superar o límite de recursos establecido.