A Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou esta mañá unha visita ao Campus de Tenis que se vén celebrando durante esta semana nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes, o Colexio Cova Terreña e o campo de fútbol do Aral, en horario de 10:00 a 14:00 horas, coa opción de poder deixar aos participantes ás 9:00 por motivos de conciliación familiar. Corenta participantes están inscritos no campus, case completando a totalidade de prazas ofertadas.
O XII Campus de Tenis conta coa colaboración do Club de Tenis Baiona. Durante o transcurso do mesmo, desde este luns 26 de xuño ata este venres día 30, o alumnado terá unha toma de contacto con esta disciplina, baixo a guía de Carlos García Denis, titulado pola RPT (Rexistro Profesional de Tenis) e adestrador do Club Tenis de Baiona, que xunto aos demais monitores encargaranse das actividades.

