Catro días de cervexa artesá, música e comida en Baiona coa III edición de “A Pinta”

A cervexa artesá regresa a Baiona. A partir de hoxe, 29 de xuño, Baiona acollerá a terceira edición de “A Pinta”, a Feira da Cervexa Artesá, que chega con catro xornadas de música, gastronomía, actividades e máis de 50 tipos diferentes de cervexa. O evento, organizado por La Ruta del Lúpulo, terá lugar no Parque da Palma os días 29 e 30 de xuño e 1 e 2 de xullo. Trátase dun festival de carácter familiar, que ten como obxectivo principal “fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa creando así un espazo cultural diferente”.

Nesta feira participarán un total de oito marcas que ofrecerán máis de 50 tipos diferentes de cervexa artesá de diferentes puntos do país. Así, as cervexas participantes serán Nós de Vigo, Banda de Nigrán, Sevebrau de Estremadura, El Jardín de la Cerveza de Madrid, The One de Sanxenxo, Go de Madrid, Atlántica de Redondela e Madroa de Vigo. Pola súa banda, a gastronomía chegará da man dos food trucks La Taquilla Street Food de comida mexicana, Baden Baden de salchichas, Yummy World con hamburguesas e La Gallega con asador.

O festival arrancará este xoves 29 de xuño ás 19:00 horas coa posterior actuación de Viktor Flores Dj, que amenizará a xornada inaugural a partir das 20:00 horas. O venres, sábado e domingo o festival abrirá ás 12:30 horas e, no apartado musical, será a quenda de The Lear Papers o venres 30 de xuño a 22:00 horas, El Pelotón de los Torpes o sábado 1 de xullo ás 22:00 horas e Fanatic Four o domingo 2 de xullo ás 21:00 horas. Ademais, tanto o sábado como o domingo pola tarde, os máis pequenos poderán gozar de obradoiros infantís.

Programación

Xoves 29 de xuño
19:00 horas: Inauguración do Festival
20:00 horas: Actuación de VIKTOR FLORES DJ
00:00 horas: Peche do festival

Venres 30 de xuño
12:30 horas: Apertura do festival
12:00 horas: Música ambiente toda a xornada
14:00 horas: Sesion beer-mú
22:00 horas: Concerto de THE LEAR PAPERS
01:00 horas: Peche do festival

Sábado 1 de xullo
12:30 horas: Apertura do festival
14:00 horas: Sesion beer-mú
17:30 horas: Obradoiro infantil
22:00 horas: Concerto de EL PELOTÓN DE LOS TORPES
01:00 horas: Peche do festival

Domingo 2 de xullo
12:30 horas: Apertura do festival
14:00 horas: Sesion beer-mú
17:00 horas: Obradoiro infantil
21:00 horas: Concerto de FANATIC FOUR
20:30 horas: Concurso á mellor etiqueta e á mellor cervexa
20:40 horas: Concurso á mellor food truck
20:45 horas: Entrega de premios cervexeiros
23:30 horas: Clausura do festival