“Conexións que transforman”. Así é como BNI Miñor, agrupación de empresarios da comarca, resume cinco anos de traxectoria na que conseguiron xerar máis de 5.000.000 € de beneficio entre os seus membros. Un feito que o converteu en referente en canto a estratexias de crecemento empresarial da zona brindando aos empresarios locais unha plataforma sólida de oportunidades e crecemento para os seus negocios.
Este evento, de carácter aberto que se celebra o vindeiro venres 30 de xuño ás 20:30 horas en Casa San Antón (Baiona), espera congregar a máis de 80 empresas e autónomos de diferentes sectores. Un aniversario que se transforma, facendo honra ao concepto sobre o que o articulan “5 anos de éxito compartido”, en invitación aberta para todos aqueles interesados en fortalecer as súas conexións empresariais e expandir a súa rede de contactos.
Música en directo, cea/cóctel e gala de premios. Non importa o sector nin o volume de negocio, se es empresario ou autónomo e queres coñecer de primeira man o que o networking pode facer por ti e o teu proxecto inscríbeche e asegura o teu lugar nun dos eventos empresariais máis esperados do ano de todo o Val Miñor.
Para máis información e inscricións escribe a minor@bnigalicia.com ou chama ao 669 365 028 / 615 013 746. Prezo de entrada: 50€.

