Sin categoría

Moita xente e poucas “burras” no Curro de San Cibrán

Este domingo celebrouse o curro de San Cibrán en Donas, que se desenvolve no lugar das Lagoas de Cereixo, nos montes da Groba. Trátase do segundo dos curros que se desenvolven en Gondomar, e nesta edición houbo moita xente pero se “baixaron” moi poucos cabalos -9 “burras” e 2 poldros-.

A pesar de ser o máis novo, o desenvolvemento do curro de San Cibrán mantén moitas semellanzas con respecto aos outros curros tradicionais da Serra da Groba. O elemento, quizais, máis diferenciador, é que a baixa se realiza guiada por un “cordón”, que conduce ás burras polos dous quilómetros de baixa.

O día do curro, pola mañá cedo, os besteiros proceden a bater o monte para xuntar as greas no lugar da parada. A continuación realízase a baixa. Este roteiro é un dos de máis altitude do Val Miñor. Xa no curro procédese aos labores tradicionais de separación de poldros, garañóns e eguas preñadas, venda ou marcaxe, rapa, desparasitación e solta.


El pase de diapositivas requiere JavaScript.