Hai tres semanas gañaba o XXVIII Certame de Poesía Manuel Oreste Rodríguez de Paradela coa obra “As palabras son cinzas por soprar”. O xurado da Casa de Galicia en Gipuzkoa escollía o seu poemario “O Camiño de Perséfone” como gañador do VIII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María, o cal levaba tres anos sen convocarse.
“O Camiño de Perséfone” explora a dualidade entre a tecnoloxía e a natureza a través de imaxes evocadoras e metáforas. A escritora nigranesa retrata a Perséfone, a deusa grega da agricultura e a fertilidade, mergullándose nun mundo virtual mentres busca un oasis entre os datos. Describe o seu rostro como un enigma conectado ao universo a través da física cuántica. A pesar de enfrontar desafíos, persevera na busca dunha nova primavera e o seu renacemento persoal. Sen dúbida, un fermoso poemario que convida ao lector a reflexionar sobre o noso papel no mundo moderno e a atopar esperanza en tempos desafiantes.
Soledad García forma parte do grupo de Promoción do Uso do Galego no Instituto de Estudos Miñoráns. É a autora dos libros “Dedas”, “Un paseo por Nigrán”, “Un paseo por Baiona”, “Samagostín”, “A walk in Baiona”, “Un paseo por Gondomar” e do poemario “Poemarcovida, palabras de imaxe e vida”, ilustrados e maquetados con Solaina Val Miñor. As últimas obras premiadas son “As palabras son cinzas por soprar”, “Aposiopese”, “Vivaldi de haikus”, “Nunha vila caben todos os ventos” e “Haberán de construír un cemiterio nas illas, algún día!”.

