Sin categoría

O CPI de Cova Terreña presenta a exposición “Baiona no tempo, cambios e desigualdades”

O alumnado de Proxecto Competencial 1º ESO do CPI de Cova Terreña presenta a exposición “Baiona no tempo, cambios e desigualdades” na Praza de Abastos de Baiona. Trátase do produto final do alumnado tras as reflexións feitas sobre as desigualdades na sociedade, a diferenza de oportunidades segundo o lugar de nacemento, o sexo, a situación familiar,… centrado agora na súa contorna máis próxima: Baiona.

A través de fotografías antigas do concello achegadas polo alumnado, buscadas na rede e facilitadas pola Editorial Ir Indo, reflexionan sobre os cambios na vila que asemade reflicten os cambios na nosa sociedade e tamén cales persisten. Neste proxecto traballouse un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados pola 10. Redución das desigualdades dentro dos Programas de éxito educativo CPI Innova – EDUSOSTIBILIDADE da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Grazas á colaboración do Concello de Baiona e a Editorial Ir Indo os habitantes e visitantes da vila poderán gozar desta exposición ata o mes de xullo.