Sin categoría

Segunda edición do Laxefest en Gondomar

Este sábado 17 de xuño, a partir das 21:30 horas na Praza de Rosalía de Castro de Gondomar, celebrarase a segunda edición do Laxefest, festival de música onde interveñen os grupos residentes da Aula de Música do IES Auga da Laxe neste curso 22-23 e que contará coas actuacións de Vladimir, Os cazadores demócratas, Nere&Amigo e Los afrancesados. O festival está organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar.