
Na tarde do pasado día 14 do presente mes, unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Vilaboa de servizo na autoestrada AP-9, atopábanse auxiliando ao condutor dun vehículo que sufrira un accidente á altura do km 144,800, sentido A Coruña, cuxo condutor e único ocupante resultou ferido, sendo trasladado a un centro hospitalario.
Transcorridas dúas horas, desde que foi solicitado o servizo de guindastre, presentouse o vehículo, cuxo condutor un veciño de Pontevedra de 34 anos de idade, presentaba síntomas de poder atoparse baixo os efectos dalgunha substancia psicotrópica, polo que foi requirido para realizar a proba de drogas, dando positivo indiciario en THC, pendente de confirmación por laboratorio.
Seguidamente procedeuse á inmobilización do vehículo guindastre, ata que compareceu outro empregado da empresa, que se fixo cargo do mesmo.
De confirmase polo laboratorio o resultado positivo en drogas, podería enfrontarse a unha sanción de 1.000 € (500 con redución do 50%), así como a retirada de seis puntos do seu permiso de condución.